Un xulgado da Estrada desestima a denuncia da familia dun ex franquista contra un historiador
Un xulgado da Estrada desestima a denuncia da familia dun ex alcalde franquista contra un historiador O tribunal considera que os textos de Dionisio Pereira sobre a represión en Cerdedo logo do golpe militar de 1936 están debidamente documentados.
Atentado fallido contra Franco
Homenaje de la Diputación de Cádiz a un luchador libertario
Un avance en la exhumación de fosas
Un ayuntamiento tarda seis años en colocar una placa.
Casas Viejas : Sigue la polémica
www.todoslosnombres.org premio "Andalucía de Memoria Histórica"
Noticias en la misma sección
O Xulgado de Primeira Instancia da Estrada acaba de desestimar a denuncia que a
familia dun ex alcalde franquista de Cerdedo, Manuel Gutiérrez Torres, presentara
contra o historiador Dionisio Pereira. Os descendentes do rexedor consideraban que
un estudo do autor sobre a represión en Terra de Montes constituía un atentado
contra a honra do que fora tamén xefe da Falanxe na localidade. No controvertido texto, Dionisio Pereira aporta datos que vinculan ao ex alcalde coa
violenta represión que se produciu na comarca logo do golpe militar de 1936. Xa
durante o propio xuízo celebrado o pasado día 2 de outubro, o fiscal sinalou que non
vía motivos para a demanda civil. Agora, o xulgado ratifica aquela opinión. Segundo lle explicou a Vieiros a avogada do historiador, Jacoba Millán, a familia
ten de prazo até o xoves da vindeira semana para presentar recurso diante da
Audiencia Provincial. Sexa como for, a propia letrada lembraba que se trataba dunha
sentenza importante polo precedente que senta en Galiza. Ademais subliñou que queda
probado que o autor tiña fontes sólidas que apoiaban o seu estudo. Dionisio Pereira